Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Remata con éxito o Mes Gandeiro no Valadouro, que tivo o apoio da área de Rural da Deputación

RURAL
MES GANDEIRO
O Valadouro
DANIEL GARCÍA

O Valadouro despediu con boa acollida o Mes Gandeiro, que contou co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A iniciativa celebrou a segunda edición durante os primeiros sábados de febreiro, que abriu coa V Feira de Razas Autóctonas da Mariña. O día 10 tivo lugar unha formación entorno ao Real Decreto 1053/2022 de Ordenación das Granxas Bovinas e a pasada fin de semana despediuse a axenda coa II Feira de Gando e o III Concurso de Andadura Galega da man de PURAGA.