Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Arranca en Vilalba a nova programación feminista da Deputación co dúo cómico Sobria e Serena

feminismo

A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol MorandeiraMorandeira, asistiu este domingo no auditorio municipal de Vilalba á actuación Risas con perspectiva feminista do dúo cómico Sobria e Serena. Estes shows humorísticos e gratuítos, que tamén se realizarán en Foz, Taboada e Sarria, enmárcanse dentro da nova programación que recentemente puxo en marcha a institución provincial. Nesta nova iniciativa tamén se inclúe a terceira edición das Xornadas Feministas=Igualdade, que se celebrarán o vindeiro venres, 17 de abril, en horario de mañá. Unha xornada que tamén será gratuíta e que estará dirixida aos centros educativos.