Deputación de Lugo
Formación

A Deputación acolle a presentación da última obra de Sonia Arias, Los Zapatos del Lobo

Sonia Arias
libro
paradela

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, e a escritora Sonia Arias presentaron este xoves no Pazo de San Marcos, Los Zapatos del Lobo, a última obra desta autora natural de Paradela. Ao acto tamén asistiu a exdeputada da institución provincial, Sonsoles López Izquierdo, amiga convidada pola autora.

Iván Castro destacou “o pracer que supón para un veciño de Paradela coma min acoller hoxe na institución a presentación dun novo logro editorial de Sonia Arias”. Asegurou que dende a Deputación “temos un firme compromiso coa defensa e co impulso da  cultura e do talento lucense. Apoiamos a actividade dos nosos creadores no conxunto do territorio, porque entendemos que o acceso e a promoción da cultura enriquécennos como sociedade e son, ademais, elementos de dinamización económica”.

Arias quixo agradecer tamén á Deputación por dárlle a oportunidade de lanzar unha obra da que espera que os lectores "poidan sentir a vitalidade e espontaneidade destas páxinas volvendo, como cada vez tamén, á nostalxia ou saudade”.

Los Zapatos del Lobo é unha colección de relatos curtos ambientado na aldea de Vidul e que transmite unha mensaxe universal e que deixa marxe ás interpretacións do lector. A publicación sairá mañá á venda na plataforma Amazon. Ademais, o libro presentarase o vindeiro 15 de marzo, en Sarria, e o 5 de abril, en Paradela.