A Deputación de Lugo recibe ao Conselleiro Municipal e Departamental de Brazzaville
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-04/190424%20Recepci%C3%B3n%20Jule%20Pauldi%20Kouloumbou%20Bouanga.jpg)
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recibiu este venres en San Marcos ao Conselleiro Municipal e Departamental de Brazzaville, Jule Pauldi Kouloumbou Bouanga. García Porto destacou as diferentes realidades que vive a provincia de Lugo e a capital da República do Congo, cun forte peso do sector primario e do rural na primeira e un desenvolvemento industrial na segunda, onde viven ademais 1,5 millóns de persoas. “Estamos en certo sentido situados en extremos opostos dalgúns dos principais parámetros que definen o xeito de ocupar un territorio, pero precisamente por iso é bo intercambiar ideas, realidades, estratexias, porque a ambos nos guía o mesmo motivo: acadar a mellor xestión pública para dar os mellores servizos á cidadanía dos nosos territorios”. “O mellor coñecemento doutras tradicións culturais é o camiño para mellorar na senda da integración, da convivencia e da loita para eliminar o racismo e a intolerancia”, destacou a Deputada, quen sinalou que o responsable congolés visitará tamén este venres as instalacións da Granxa Gayoso Castro que a institución provincial ten en Castro de Riberas de Lea.