Deputación de Lugo
Economía

As gañadoras da campaña Merca en Nadal, Merca en Local gastan o seu premio nunha xornada de compras en Foz

comercio local

O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, participou este xoves xunto ásgañadoras mariñás da campaña Merca en Nadal, Merca en Local na xornada de compras que tivo lugar na localidade focense. As galardoadas gastaron os correspondentes premios de 500€, 1.000€ e 3.000€ que conseguiron nesta iniciativaposta en marcha a Deputación de Lugo e a Federación de Comercio para impulsar as compras nos negocios locais da provincia durante o Nadal.

Na xornada participou Ángeles Agrelo, premiada con 500€; Tamara Suárez, que gañou os 1.000€ e Beatriz Lestegás, que conseguiu os 3.000€ no sorteo público que se celebrou en Foz o pasado 18 de decembro. A campaña, financiada pola institución provincial con 50.000, rematará este venres en Lugo.