Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora co Vendaval Fest, que se celebra do 26 ao 28 de xullo en Ribadeo

Vendaval Fest
DANIEL GARCÍA

 A área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia o Vendaval Fest, a cita que encherá Ribadeo de música do 26 ao 28 de xullo. Este venres, o deputado de Mocicade Daniel García asistiu ao concerto presentación que tivo lugar na praza da Fontenova da localidade mariñá coas actuacións de Ritmo vudú e Freddi Fano e Los Marijuana Trio.

O’Funkillo e La Fuga son os cabeza de cartel desta edición que se completa con bandas como  Baja California, Familia Caamgno, Superfuzz, Ninetines Rock The Machine, Corazones Eléctricos, Dixebra, Os John Deeres, Remakers e Superglú. Unha clara aposta por bandas galegas emerxentes xunto a nomes consolidados no panorama rock estatal.

Daniel García subliñou que, con esta segunda edición, “o Vendaval Fest demóstranos que veu para quedarse na axenda do verán da Mariña e que atrae xa a referentes estatais. Para a Vicepresidencia da Deputación de Lugo é prioritario dar apoio ás propostas culturais e de ocio que se achegan a todos os concellos da provincia, e facelo de xeito estable e continuado para que poidan traballar con certezas”.

O festival ademais de música contará cun mercado, foodtrucks e un espazo de acampada acondicionado para os asistentes.