Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación leva a Carballedo unha xornada técnica sobre a vespa velutina

DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ
Vespa velutina
Carballedo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará este sábado, 18 de maio, a Carballedo a xornada técnica “Convives ou combates. Ti elixes!” contra a vespa velutina. A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza esta actividade, que se celebrará na oficina de turismo da localidade ás 18 horas, co apoio da área de Rural da entidade provincial

Na charla, a cargo de persoal da Asociación Galega de Apicultura, explícase o ciclo da vespa velutina, necesario para entender o funcionamento das trampas xa que se instalan no período no que a raíña traballa soa para construír o niño. Posteriormente faise un repaso pola eficiencia das trampas e a súa elaboración, coidados e mantementos. Dende a entidade explicarán como elaborar a mestura máis eficiente ou onde colocalas, normalmente en especies florais de máxima atracción para as velutinas. Os asistentes coñecerán tamén o momento no que é necesario a súa retirada e o proceso do pico de capturas desta especie.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades deben enviar un correo electrónico a info@apiculturagalega.gal para inscribirse de balde. A actividade forma parte dun programa que xa se achegou a Barreiros, Lugo e Samos.

carballedo