Cultura
Deputación de Lugo

Espectáculo poético, musical e audiovisual homenaxe a Federico García Lorca

Capela de Santa María

A Capela de Santa María de Lugo acolleu esta tarde o espectáculo poético, musical e audiovisual "Seis" do músico Rafa Fernández, que fai así unha homenaxe a Federico García Lorca, a partir do poemario "Seis poemas galegos". A música en directo, composta para a ocasión, acompañou o recitado dos poemas, transportando ao público "ao universo lorquiano".