Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Rural colabora na Reunión da Sociedade Galega de Pastos de Forraxes centrada no asesoramento rural

DANIEL GARCÍA
SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES
Ribadeo

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes para a celebración da IX Reunión de Primavera da entidade, que terá lugar o 24 e 25 de maio en Ribadeo. A entidade nacional centra esta xornada no “Pasado, presente e futuro do asesoramento rural”, facendo ademais unha homenaxe ao persoal que desenvolveu a súa actividade profesional na Axencia de Extensión Agraria.

O deputado Daniel García destacou o apoio da área de Rural “a esta formación que ratifica o compromiso da Vicepresidencia coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, coa que vimos colaborando nestes últimos anos co obxectivo de avanzar cara modelos produtivos que aseguren rendas xustas para os gandeiros e gandeiras da provincia, así como para a conservación do territorio”

O programa analiza o asesoramento rural en Galicia, apoia a labor das técnicas e técnicos das oficinas rurais e das diferentes entidades de aconsellamento, asociacións gandeiras, cooperativas agroalimentarias e sindicato agrario. Tamén se levará a cabo unha formación metodolóxica do asesor.

Así como destacar a figura do asesor e asesora rural como eixe motor dos sistemas de coñecemento e innovación agraria. Na segunda xornada, realizarase unha homenaxe aos extensionistas xubilados, que desenvolveron a súa actividade no servizo de Extensión Agraria. 

As persoas interesadas en participar deben inscribirse antes do mércores, 22 de maio, nos teléfonos 686.620.154 (Eloi) ou 628.713.263 (Victor).

cartel