A Milagrosa celebra a 27ª Feira de San Isidro grazas ao apoio da Deputación
Os deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, asistiron este venres ao pregón da tradicional Feira de Produtos do Campo e Artesanía de San Isidro, que se celebrará esta fin de semana na contorna da praza da Milagrosa co apoio da Deputación de Lugo. O pregoeiro desta 27ª edición foi o director de El Progreso, Alfonso Riveiro, quen abriu esta cita que inclúe este ano como novidade unha degustación de becerro ao espeto o sábado pola tarde. O programa tamén contará cunha actuación musical, degustacións de embutidos e queixos doados pola Deputación de Lugo, así como a entrega dos premios José Carballido, que será o domingo de peche da feira.