Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O Vicepresidente participa na entrega Premios Memorial Profe Alberto

Memorial profe Alberto
Efrén Castro Caloto

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro participou na entrega de premios da XIV Carreira Solidaria Colexio Plurilingüe Cervantes Memorial Profe Alberto, que se celebrou esta mañá en Lugo.

Preto de 700 persoas participaron nas distintas probas - carreiras en diferentes categorías e unha andaina popular- organizadas polo centro de ensino lucense e a asociación de nais e pais na contorna da Praia do Agro do Rolo, en homenaxe ao profesor Alberto Otero e cun fin solidario, xa que o recadado coas inscricións se destina a Asociación Somos Unidos Contra o Cancro en Lugo.