Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O vicepresidente da Deputación participou na presentación do Memorial Pedro Canoa

Memorial Pedro Canoa
Fútbol
EFRÉN CASTRO
Sarria

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro participou esta tarde na presentación do Memorial Pedro Canoa, que se celebrará de venres a domingo na Ribela, en Sarria, coa participación de máis de 70 equipos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

A SD Sarriana organiza o evento deportivo, un referente no calendario de final de temporada para as canteiras de equipos de Galiza, Asturias ou León que,segundo as estimacións da organización, traerá á vila unhas 3.000 persoas, entre xogadorxs, persoal técnico e familias.

Efrén Castro valorou a relevancia do torneo "que serve de proxección para o traballo que a Sarriana realiza ao longo de toda a temporada coa base, e que transcende o ámbito deportivo, cunha gran repercusión social por todas as persoas que reúne ao redor do deporte e da lembranza de Pedro Canoa"

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do torneo cunha achega de 3.000 euros, que reforza a colaboración que mantén coa SD Sarriana para o funcionamento e a actividade competitiva ao longo da temporada

Na imaxe, Efrén Castro xunto a Manuel Sangil, presidente da Sarriana, José López, organizador do torneo, José Manuel López Préstamo, pai de Pedro Canoa, Félix Seijas,concelleiro de Deportes de Sarria e Javier Arias, delegado da Xunta en Lugo.