Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo
Economía

A Deputación subliña a vital importancia de dotar de servizos ao rural para reter o talento emprendedor

feira
emprendemento feminino
medio rural
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento participou este xoves na inauguración da Feira de Primavera Innovando no Rural, que reúne na Praza da Mosqueira a unha vintena de stands de empresas lideradas por mulleres

Miguel Fernández eloxiou esta iniciativa impulsada polo Campus Terra e sinalou que “neste camiño de recoñecer o rural coma fonte de riqueza e impedir que esmoreza, todos temos que tomar partido”

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, xunto a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos Fondo, e a Delegada do Reitor da Universidade de Santiago no Campus Terra, María Elvira López Mosquera, entre outras autoridades, inauguraron a Feira de Primavera Innovando no Rural,  que reúne este xoves na Praza da Mosqueira unha vintena de stands de empresas lideradas por mulleres para promocionar os seus produtos e servizos. 

Miguel Fernández eloxiou esta iniciativa impulsada polo Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC), xa que sinalou que “neste camiño de recoñecer o rural coma fonte de riqueza e impedir que esmoreza, todos temos que tomar partido”. 

“Sabemos que é vital dotar ao rural de servizos que permitan que as ideas e proxectos das nosas emprendedoras poidan medrar e prosperar”, subliñou Miguel Fernández. Uns servizos, engadiu, “que afectan directamente ao emprendemento, como o acceso a internet de alta velocidade, imprescindible nun mundo cada vez máis dixitalizado. Pero tamén aqueles sen os que non se pode vivir, como a sanidade ou a educación, porque desenvolver calquera proxecto é case imposible sen médicos que atendan no centro de saúde ou sen escolas para os nenos e nenas da xente que emprende”.


Apoio ás emprendedoras

Nesta liña, o Deputado incidiu que o apoio ao rural vertebra todas as políticas públicas que se levan adiante dende a Deputación, nas que ademais se aplican de maneira trans-versal a perspectiva de xénero. “Facémolo cando arranxamos as estradas, poñe¬mos en marcha centros de atención a maiores nos pequenos concellos, ou colabora¬mos coa USC para que poida poñer en marcha este tipo de iniciativas”, indicou Miguel Fernández.
A Feira de Primavera é un evento de promoción e difusión de empresas lideradas por mulleres no ámbito do rural galego, achegando ao público os seus produtos e servi¬zos. Paralelamente, organízanse mesas redondas e a actuación de Catuxa Salom. O obxectivo desta iniciativa é, por unha banda, que emprendedoras de referencia ex¬poñan a súa experiencia á hora de emprender e os retos que se atopan no camiño. E  pola outra, que as administracións públicas organizadoras e colaboradoras da xornada presenten iniciativas e liñas de axudas vencelladas ao emprendemento.