Deputación de Lugo
Formación

A Deputación participa na graduación da primeira promoción do Grao en Empresas e Tecnoloxía do Campus de Lugo

USC

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este venres no acto de graduación da primeira promoción do Grao en Empresas e Tecnoloxía. Neste evento, que tivo lugar na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, Fernández Méndez felicitou aos estudantes e ás súas familias e destacou o potencial empresarial da provincia. “O mundo da empresa é infinito e Lugo, sen ir máis lonxe, é un bo exemplo. Empresas ligadas ao sector primario que empregan tecnoloxía punteira, ou proxectos turísticos que combinan lecer con natureza, son só dous dos moitos exemplos que podemos atopar na noso territorio”, subliñou o Deputado.