Deputación de Lugo
Formación

A Deputación felicita á nova promoción de graduados e graduadas en Relacións Laborais e Recursos Humanos do Campus Terra

USC

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres no acto de graduación da XIV promoción do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Nesta cita, que tivo lugar no Salón de Actos da Facultade, o Deputado felicitou aos estudantes, ás súas familias e ao claustro docente e destacou “o compromiso de colaboración constante co ensino superior público que mantén a Deputación de Lugo”, e sinalou que “é a institución provincial que dedica máis parte do seu orzamento a apoiar e impulsar a universidade pública”.