Deputación de Lugo

A Deputación felicita aos novos graduados en Nutrición Humana e Dietética do Campus Terra

Acto de graduación Nutrición e Dietética

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres no acto de graduación dos alumnos e alumnas dunha nova promoción do Grao de Nutrición Humana e Dietética do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Na cita, celebrada no Salón de Actos da Facultade de Ciencias, o Deputado felicitou aos graduados e ás súas familias e reivindicou o papel da Universidade pública. “Cada nova promoción que, coma esta, sae do noso Campus fortalece o ensino público superior como ferramenta para impulsar o desenvolvemento social e económico da nosa provincia e do noso país, dun xeito equilibrado e sostible”, subliñou, ao tempo que lembrou que a Deputación é a institución provincial de España que máis destina ao ensino superior público. 


Rivera Capón destacou tamén a importancia desta titulación porque ”vemos como a sociedade é cada vez máis consciente da importancia dunha alimentación saudable e equilibrada, e vós, como profesionais formados nesta prestixiosa universidade, estades preparados para liderar este cambio de hábitos dende o coñecemento”.