Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

O Valadouro acolleu un curso sobre o manexo das colmeas para loitar contra a velutina

Muller rural
DANIEL GARCÍA
Vespa velutina
O Valadouro

A Casa da Cultura do Valadouro acolleu esta fin de semana un curso sobre o manexo das colmeas para loitar contra a velutina, incluido nun programa de formación en apicultura promovido pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Persoal técnico da Casa do Mel de Goente explicou ás persoas asistentes, métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, con contidos teóricos e unha parte práctica.

O curso, que contou coa colaboración da área de Medio Rural do Concello do Valadouro, inclúese nun programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área dirixida por Daniel García, co obxectivo de ampliar e actualizar os coñecementos de apicultores e apicultoras e espertar o interese por esta actividade entre as persoas máis novas.

O Valadouro -esta fin de semana- e Vilalba -desde a semana pasada- foron os primeiros concellos en acoller estes cursos de apicultura que se desenvolverán tamén en  Xove, Pantón, Muras ou Mondoñedo ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro.

Xove
Cría de raíñas con abella autóctona. 6,7, 16, 18 e 19 de xullo (de 9 a 14 horas). Casa da Cultura.

Ferreira de Pantón
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 13 de xullo (mañá e tarde). Comunidade de Montes de Ferroedo

Muras
Iniciación á apicultura. 20,21, 27 e 28 de xullo (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle
Cría de raíñas con abella autóctona. 3,4,13,15 e 16 de agosto (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle

Cervo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 14 e 15 de setembro (de 9 a 14 horas). Museo do Mar de San Cibrao

Mondoñedo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 23 e 24 de setembro (de 9 a 14 horas). IES San Rosendo

As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661003616.