Deputación de Lugo

A Deputación participa nunha nova edición da Festa da Empanada de Begonte

Pablo Rivera Capón
Begonte
Festa da empanada de Begonte

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este sábado á Festa da Empanada de Begonte, unha cita gastronómica que se celebra ao longo de toda a fin de semana no Club Fluvial desta parroquia. Para a celebración deste evento, a institución provincial colabora realizando unha achega económica de 3.000 euros. Ao igual que en anteriores edicións, a programación incluíu diferentes actividades como actuacións musicais e xogos para os máis cativos, entre outras iniciativas.