O Presidente da Deputación asiste en Foz ás Festas do Carme 2024
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este martes á misa na honra á Virxe do Carme, cantada polo coro Mar Aberto, que tivo lugar na Praza Conde de Fontao do concello de Foz con motivo das Festas do Carme 2024, patroa dos mariñeiros. A este acto tamén asistiu o Alcalde do municipio e Deputado de Recursos Sostibles da institución provincial, Francisco Cajoto Caserío, así como outros membros da corporación municipal e outras autoridades. Tras a misa realizouse a tradicional ofrenda floral e a procesión, que reuniu a centos de veciños e veciñas e visitantes.
Ao igual que en anteriores edicións, a programación das Festas do Carme de Foz, que comezaron o pasado 13 de xullo e rematarán este mesmo mércores, inclúe unha ampla programación de actividades como actuacións musicais, inchables e obradoiros dirixidos aos cativos e cativas ou actuacións teatrais, entre outras moitas iniciativas.