A Deputación felicita ás novas promocións de graduados da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-07/200724%20Acto%20de%20graduaci%C3%B3n%20EPS.jpg)
O Deputado Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este sábado no acto de graduación do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e o Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agrolimentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural. No evento, que tivo lugar no Salón de Actos desta Facultade, Miguel Fernández felicitou aos estudantes e subliñou que “estes son un conxunto de estudos especialmente significativos para a nosa provincia. Porque a enxeñería é o xeito intelixente que a sociedade ten para actuar sobre o territorio para que este realce todo o seu potencial.”