Deputación de Lugo
Turismo

Preto de 29.000 persoas percorreron a Ribeira Sacra nas rutas en catamarán que ofrece a Deputación

catamaráns
Pilar García Porto
Catamarán
- A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, puxo de manifesto o éxito desta programación que concorda á perfección co modelo turístico polo que aposta a institución provincial

- García Porto destacou que “xa hai feitas preto de 14.000 reservas ata o mes de decembro, momento no que poñeremos punto final á tempada 2024”

- As persoas interesadas en realizar algún dos dous recorridos -a Ruta Fluvial Canón do Sil e a Ruta Fluvial do Cabo do Mundo- poden adquirir os seus billetes a través desta ligazón https://reservas.rutasembalses.es/?l=es

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, fixo balance este xoves dos datos rexistrados nas rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra dende o inicio da tempada deste ano. 

García Porto destacou que “o éxito desta programación de ocio que ofrecemos desde a institución provincial queda novamente demostrado posto que, desde finais do mes de marzo, que arrancamos con esta nova tempada, preto de 29.000 persoas realizaron algunha das viaxes que ofertamos”. Nese sentido sinalou que “a pesar do mal tempo do mes de xullo foron moitísimas as persoas que percorreron a Ribeira Sacra en catamarán, polo que o balance é moi bo”.

En canto as prazas que xa hai reservadas ata o mes de decembro “momento no que poñeremos punto final á tempada 2024”, García Porto comentou que “a cifra ronda as 14.000”. 

Así mesmo, Pilar García Porto destacou que “este servizo turístico, que supón un gran revulsivo económico para toda a zona, forma parte da oferta de actividades que temos en marcha desde a Deputación de Lugo e que concorda á perfección co modelo turístico polo que apostamos desde a institución provincial, un modelo de turismo sostible, de calidade e experiencias”. 

As persoas interesadas en realizar algún dos recorridos -a Ruta Fluvial Canón do Sil, que parte do embarcadoiro da Deputación Ponte de Sil, en Monforte de Lemos; e a Ruta Fluvial do Cabo do Mundo, que sae de Belesar Pobo, no Saviñao- poden adquirir os seus billetes nesta ligazón https://reservas.rutasembalses.es/?l=es.