Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación inicia as obras de mellora da estrada que conecta Ponte de Outeiro co cinto comarcal en Castro de Rei

castro de rei
REDE DE ESTRADAS PROVINCIAIS
Os traballos, nos que a institución provincial inviste preto de 130.000€, afectan a un tramo de case tres quilómetros ao final da LU-P-1105 e consisten na reapertura das cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e na reposición da sinalización

A Deputación de Lugo vén de iniciar este martes os traballos de mellora da LU-P-1105, que conecta Ponte de Outeiro co Cinto Comarcal en Castro de Rei. Un proxecto no que a institución inviste preto de 130.000€ para o acondicionamento do treito final da vía, entre os puntos quilométricos 3,365 e o 6,003.

As obras comezaron coa limpeza das cunetas para  mellora da drenaxe e continuarán coa pavimentación con aglomerado en quente e a reposición da sinalización. O prazo de execución previsto é de menos de un mes.

Trátase dunha actuación moi importante porque esta estrada dá servizo a varias casas e explotacións gandeiras, sirve de acceso a rutas de sendeirismo e é moi empregada pola veciñanza porque conecta a vía autonómica LU-120, no lugar da Ponte de Outeiro, co cinto comarcal (LU-P-1611) á altura da parroquia de Quintela.