A Deputación de Lugo súmase ao minuto de silencio en repulsa polo crime machista de A Coruña
A Deputación de Lugo amosou a súa enérxica repulsa ante o último crime machista acontecido no municipio de A Coruña. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes no minuto de silencio que tivo lugar diante do Concello de Lugo e ao que tamén se sumou a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a Concelleira de Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo, xunto a outras autoridades.