Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia patrocina a Copa Deputación de Fútbol Sala, que disputarán 40 equipos

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
COPA DEPUTACIÓN FÚTBOL SALA
Os clubs participantes reparten 22.200 euros en premios por partipación e eliminatorias superadas

A competición disputarase do 1 de setembro ao 1 de novembro

A  Vicepresidencia patrocina a V Copa Deputación de Fútbol Sala, na que participarán 40 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina e que se disputará do 1 de setembro ao 1 de novembro

O sorteo dos emparellamentos celebrouse este xoves no Pazo de San Marcos , coa presenza do responsable de fútbol sala da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Iván Pico,  e dos clubs participantes.

A Vicepresidencia da Deputación financia a Copa, cunha achega de 22.200 euros – un dez por cento máis que na última edición- que se distribúe entre os equipos con premios en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 200 e 385 euros), ademais de premiar aos equipos campións (entre 550 e 800 euros) e subcampións  (300 e 450 euros) de cada categoría.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro explicou que “co patrocinio desta competición reforzamos o apoio aos clubs de fútbol sala da provincia que, ademais de beneficiarse economicamente da participación,  teñen a oportunidade de comezar a competir e traballar na posta a punto de cara a temporada”  e ratificou  “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación cun deporte que goza dun gran nivel competitivo na provincia”.

Preferente e  Primeira División Feminina. 
Ribeira Lieders FS, Concello de Begonte FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CD, Burela Pescados Rubén B, Os Meigallos, FSF Castro Supexport B, SD Castroverde, Taboada Futsal

3ª División Nacional Masculina e Preferente MasculinaRibeira FS B, Outeiro de Rei SD, O Korreo Guitiriz FS, Insuas do Miño Rábade FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CD, Concello de Begonte FS,
Fonsagrada FS, Os Meigallos FS, Club Deportivos Casás, PM Friol FS, ADC Lugo Sala Automóbiles Losada B

Primeira e Segunda División Masculina
CD Chao, Castroverde FS, Samos FS, PM Friol FS B, Decotropic FS, O Korreo Guitiriz FS B, Outeiro de Rei SD B, Concello de Begonte FS B, Luisitalia,  Cubelas, Puebla Futsal, Trabada Futsal, SD San Lázaro, Oural FS, Abella FC, FSF Castro Carnemax, A  Lareira Os Meigallos FS B, Club Lemos FS, Desguaces Herbón