Deputación de Lugo

A Deputación participa na entrega do 50 Premio de Poesía do Concello de Vilalba

Vilalba

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este venres no acto de entrega do 50 Premio de Poesía do Concello de Vilalba, que acolleu o auditorio Carmen Estévez Eguiagaray. Nesta edición resultou gañadora Andrea Fernández Maneiro, natural de Vilagarcía de Arousa, co seu poemario Meridiano orixe. Acto seguido á entrega do galardón, tivo lugar o pregón das Festas patronais de San Ramón e Santa María que correu a cargo do auditor Xosé Miguel Barrera.