Deputación de Lugo

A Deputación destaca no CIFP As Mercedes a importancia da FP no mercado laboral da provincia

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañou este luns na cidade de Lugo ao delegado do Goberno, Pedro Blanco Lobeiras, na súa visita ao Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes, un dos cinco en España recoñecidos coa categoría de Excelencia en Formación Profesional. Durante a visita, Pablo Rivera destacou a importancia da Formación Profesional no impulso do mercado laboral e a innovación na provincia de Lugo. Puxo en valor tamén o firme compromiso do Goberno central coa educación, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, e en concreto, do  Plan Estratéxico de Impulso da Formación Profesional, que conta cun orzamento total de 2.000 millóns de euros.