Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo recibe ao Conselleiro da corte de Apelación de Roma no Pazo de San Marcos

RECEPCIÓN
O Pazo de San Marcos
Conselleiro da corte de Apelación de Roma

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este xoves no seu despacho do Pazo de San Marcos ao Conselleiro da Corte de Apelación de Roma, Galileo D’Angostino. O representante italiano, que está a participar no programa de intercambio de maxistrados da Rede Europea de Escolas Xudiciais, acudiu á sede provincial acompañado polo Maxistrado do Tribunal Supremo de Xustiza de Galicia, José Antonio Varela Agrelo.

José Tomé Roca agradeceu a D’Angostinoa súa visita á Deputación e o interese por coñecer o funcionamento das Administracións públicas da provincia. Durante o encontro, o mandatario provincial fíxolles entrega aos representantes xurídicos dun libro que recolle a historia do Pazo provincial e unha réplica da fachada do edificio de San Marcos. A Corte de Apelación de Roma é unha das máis relevantes do sistema xudicial de Italia e ocúpase de revisar as decisións e sentencias dos tribunais ordinarios do país.