Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación destaca o legado de Asorey en Lugo con visitas guiadas, conferencias e unha exposición na rúa

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
IRIA CASTRO
ASOREY
OS VIEIROS DE ASOREY

A deputada de Cultura Iria Castro, acompañada polo presidente da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) Manuel Quintana e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro, inaugurou a exposición “Os vieiros de Asorey”, organizada pola RAGBA coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para difundir a obra do escultor cambadés no ano en que se lle dedica o Día das Artes Galegas.

A mostra, con fotografías de Xurxo Lobato e textos de Felipe-Senén López Gómez, repasa a obra pública de Asorey, localizada en distintas localidades de Galiza - Lalín, Cambados, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol, Cangas do Morrazo, Pontevedra, Vigo, Mondariz e Samos-.

Coincidindo inauguración da mostra, que poderá verse ata o 17 de outubro na Praza de San Marcos, durante a xornada, desenvolvérnase visitas guiadas a algunhas das obras do escultor en Lugo e  un programa de conferencias no Salón de Actos da Pazo de San Marcos, con intervencións da historiadora da arte Maribel Iglesias Baldonedo, sobre a representación das mulleres na obra de Asorey, e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro, que afondou no seu legado en Lugo. Álvaro de la Vega, Xosé Cid e Blanca Besteiro participaron nunha mesa redonda sobre a técnica do escultor.