A Deputación participa na entrega de medallas da primeira carreira solidaria de Alcer Lugo a favor da doazón de órganos
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez,
participou este domingo na Praza de Santa María na entrega de medallas da primeira Carreira
Solidaria pola Doazón de Órganos e Tecidos, organizada pola Asociación para a Loita contra
as Enfermidades Renais de Lugo (Alcer Lugo). No acto de entrega, Fernández Méndez
destacou a importancia deste evento deportivo solidario, que ten o poder de mobilizar a centos
de persoas e concienciar sobre a relevancia da doazón de órganos e do coidado da saúde. “É
fundamental resaltar que un único doante pode salvar a vida de ata oito persoas”, subliñou.
Lembrou que a institución provincial colabora con esta asociación cunha achega de 5.000€
destinados a facilitar o seu labor, que consiste na mellora da calidade de vida das persoas con
insuficiencia renal crónica na provincia.