Deputación de Lugo

A Deputación participa en Lugo na entrega de premios da Copa de España de motocrós clásico

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo
na entrega de premios da proba da Copa de España de motocrós clásico que acolleu este fin
de semana o circuíto lucense Jorge Prado. Rivera Capón destacou que esta cita, na que
competiron 50 persoas e forma parte do calendario nacional, supón unha promoción importante
para a provincia.


Na entrega de premios, o Deputado estivo acompañado de José Aurelio Novoa Rodríguez,
Presidente da Asociación Motorista Lucense, que é a entidade organizadora desta proba
deportiva.