A Deputación participa na entrega de premios da 38 Volta Aérea Galaico-Duriense do Criterium Aeronáutico
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, participou este sábado no Aeródromo de Rozas na entrega de premios da 38º edición da Volta Aérea Galaico – Duriense, unha das probas que se enmarca dentro da programación do Criterium Aeronáutico que se está a celebrarao longo destes días. A Deputación de Lugo colabora con este evento cunha achega de 10.000€, sendo a administración pública que destina unha maior contía económica para a organización desta cita coa que veciños e visitantes poden achegarse ao mundo aeronáutico.
A este acto tamén asistiu o Concelleiro de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, Jorge Bustos Atanasio, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, e o presidente do Real Aeroclub de Lugo, Francisco Abelleira Álvarez, entre outras autoridades.