Deputación de Lugo

A Deputación participa esta fin de semana na celebración do San Froilán en Barcelona

Pablo Rivera Capón
San Froilán de Barcelona

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participará ao longo desta fin de semana nos actos organizados pola Asociación de Amigos de San Froilán de Barcelona, con motivo da festividade que conmemora a cultura lucense na cidade condal. O Deputado asistiu ao izado da bandeira galega na Praza Maior, situada no distrito de Nou Barris, onde se deu comezo aos festexos cunha tradicional verbena. Este evento congrega a galegos residentes en Barcelona e a amigos da cultura galega, fortalecendo así os lazos entre a comunidade lucense.