A Deputación súmase ao minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista en Moaña
A Deputación de Lugo expresou a súa enérxica repulsa pola asasinato machista ocorrido no porto de Moaña durante a fin de semana. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, gardou un minuto de silencio na concentración que tivo lugar na mañá deste martes diante da Subdelegación do Goberno en Lugo. Ao acto de condena polo crime machista asistiron tamén numerosos veciños e veciñas, xunto á Subdelegada, Isabel Rodríguez, e a Concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo.