Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación amosa no Día Mundial da Saúde Mental o seu compromiso coscolectivosque traballan na provincia dando apoio ás persoas con trastornos

ALUME
saude mental
A Mariña
O Deputado de Promoción Económica e Socialparticipou nos actos de ALUME en Lugo, á que a institución achega 25.000€ anuais; eo Deputado de Medio Ambiente nos de Saúde Mental A Mariña en Cervo, que conta cunha achega provincial de 15.000€

A Deputación de Lugo amosou no Día da Saúde Mental o seu compromiso cos colectivos que traballan na provincia dando apoio ás persoas con trastornos. O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, participou este xoves nos actos que organizou ALUME en Lugo para visibilizar este tipo de doenzas; mentres que o Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou en Cervo nos da asociación Saúde Mental A Mariña.

Na cita de Lugo, que tivo lugar no Salón de Actos do Vello Cárcere, Rivera Capón lembrou que a institución provincial achega 25.000€ anuais a este colectivo lucense, que dá apoio ás persoas que sofren doenzas mentais e as súas familias.

Sinalouo Deputado que a prevención e a promoción da saúde mental son armas moi poderosas para garantir o benestar emocional e psicolóxico da poboación. E reivindicou que é necesario involucrar a todas as administracións na necesidade de fortalecer o sistema sanitario de saúde mental ampliando os recursos e capacitando aos profesionais para favorecer a atención integral e a detección temperá.

A Casa da Cultura de Cervo acolleu os actos organizados pola asociación Saúde Mental A Mariña, á que a Deputación destina 15.000€ anuais para axudar cos gastos de funcionamento do Centro de rehabilitación psicosocial e laboral de Burela.

Destacou Carlos López na súa intervención a necesidade de que a saúde mental sexa unha prioridade “real e efectiva” de toda a sociedade, porque “é a base do noso benestar, das nosas relacións e da nosa produtividade”. Sinalou ademais que a Deputación seguirá colaborando con determinación e compromiso coas asociacións da provincia que día a día loitan por apoiar aos doentes e as súas familias.