Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Asociación Galega de Apicultura reunirá a investigadores internacionais de referencia na loita contra a velutina nun Simposio o  9 de novembro en Chantada

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
RURAL
apicultura
Vespa velutina
Asociación Galega de Apicultura
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización dun encontro co que recalcan a necesidade de “dar solucións reais ao problema”

 A Asociación Galega de Apicultura presentou esta mañá no Pazo de San Marcos un  simposio sobre a velutina que se celebrará o vindeiro 9 de novembro en Chantada, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

O encontro, que inclúe unha decena de charlas, centrarase nos métodos actuais de control da velutina desde unha perspectiva científica, abordando os métodos de control  e a súa efectividade, con achegas de científicos de vangarda na investigación contra este especie invasora a nivel mundial como os italianos Fabricio Zagni e Laura Borttoloti, que exporán o Method-Z e os proxectos que desenvolve o Centro de Ricerca, Agricoltora e Ambiente (CREA) de Boloña, o francés Gilles Fert, referente no mundo da cría de raíñas, que afronta o problema dende a selección xenética ou José Manuel Fernández , ornitólogo e naturalista da Universidad de Alcalá de Henares, que abordará a eficacia do falcón abelleira no loita contra a velutina.

Ademais, representantes de AGA exporá o estado actual da vespa velutina en Galicia e o responsable do Centro de Alerta e Control de Pragas e Especies Invasoras de Asturias, Eloy Alvarez, explicará o operativo de control na comunidade veciña.

Na presentación do simposio, Javier Carreiras, secretario de AGA, explicou que “pretendemos ofrecer unha visión moi ampla do problema, confrontar datos de distintos países e debater acerca das estratexias máis convenientes de cara ao control da praga, abordando o problema de xeito rigoroso e por primeira vez cun claro e marcado compoñente científico polo que agardamos que supoña un golpe na mesa e un punto disruptivo de cara a comezar a dar solucións reais ao problema.”

A vicepresidenta da entidade, Marita Puga, subliñou que “pese a que este ano está a ser máis tranquilo en moitas zonas de Galicia, noutras ,o problema persiste, polo que temos razóns para pensar que os vindeiros non serán tan favorables. Vimos de anos moi difíciles para a apicultura e temos que prepararnos para dar resposta a un problema que, como non consigamos controlar, pode levarse por diante o futuro do noso oficio e porá en serio perigo as especies polinizadoras do nos contexto natural, cos prexuízos consecuenes na produción apícolas e agrícolas”

O vicepresidente Efrén Castro encadrou “o apoio a este simposio no traballo que área de Rural ven desenvolvendo, da man da propia AGA e de outras entidades, para incidir na formación e na prevención para tratar de controlar a expansión deste especie invasora, que pesa como unha lousa sobre a apicultura e que afecta tamén a producíons agrícolas e, en xeral,  ao equilibrio do noso ecosistema”

 

Programa

As inscricións para participar no simposio poden realizarse na web www.simposiovelutina.es