Deputación de Lugo

A Deputación recoñece o traballo dos voluntarios de Protección Civil nas xornadas provinciais de Palas de Rei

protección civil
Palas de Rei
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo destacou este sábado na inauguración desta cita a colaboración importante que a institución provincial brinda a través do Plan Deputación para a actividade das agrupacións dos concellos

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado na inauguración das VIII Xornadas provinciais de Protección Civil que se celebran en Palas de Rei. Na cita, que tivo lugar á entrada da Casa da Cultura deste concello, García Porto destacou que a Deputación de Lugo brinda a través do Plan Deputación axudas importantes para a actividade das agrupacións dos concellos.

“Unhas xornadas que son á vez un recoñecemento do traballo das Asociacións de Voluntarios de Protección Civil da nosa provincia, e un exemplo da aposta continuada pola preparación e a formación para dar resposta ás demandas da sociedade”, valorou a Deputada. “A presencia das cores de Protección Civil é unha garantía de tranquilidade e seguridade para todos os veciños e veciñas. Son un referente, un punto de información, de axuda e de organización”, continuou.

Xunto a García Porto, participaron o Presidente da Federación Lucense de Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), José Franco Criado, e o Alcalde do municipio, Pablo Taboada, entre outras autoridades.