Deputación de Lugo

A Deputación participa na XVII Xornadas Renais de Doazón e Transplante impulsadas por ALCER Lugo

Pablo Rivera Capón
ALCER
Xornadas renais ALCER

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na inauguración das XVII Xornadas Renais de Doazón e Transplante, organizadas por ALCER Lugo no Hospital Lucus Augusti. A Deputación colabora con esta entidade, que conta con preto de 400 socios, cunha achega de 5.000 euros destinada a apoiar a súa labor na mellora da calidade de vida das persoas con insuficiencia renal crónica na provincia. 


Rivera Capón puxo en valor a traxectoria da entidade, “polo traballo incansable” ao longo dos anos e o seu compromiso coa mellora da calidade de vida dos afectados. Ademais, reafirmou o compromiso da Deputación de seguir colaborando con entidades como ALCER, subliñando que “a saúde non só é responsabilidade do sistema sanitario, senón que é unha cuestión que nos compete a todas e todos, a nivel social e institucional.”