Deputación de Lugo

Lugo despide unha exitosa edición do Arde Lucus que foi posible grazas á Deputación

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este domingo no desfile dos Scholarum, unha das actividades máis emblemáticas e multitudinarias da celebración, na que centos de nenos e nenas dos centros educativos da cidade tomaron as rúas para recrear a historia de Lucus Augusti. A Deputación de Lugo foi a principal administración colaboradora do Arde Lucus, cunha achega de 50.000 euros destinada a reforzar a proxección e a calidade dun dos principais eventos culturais e turísticos da provincia.