Deputación de Lugo

Cervantes celebra a cuarta edición da Festa da Tenreira, que se consolida grazas á Deputación

Carlos López
Cervantes
Festa da tenreira de Cervantes

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este sábado na IV Festa da Tenreira Galega en San Román de Cervantes organizada polo Concello en colaboración coa ANPA do CPI Cervantes. A cita consolídase este ano grazas á Deputación de Lugo, que colabora desde a primeira edición cunha achega económica, que este ano ascende a 4.115,60€. Esta cita, que se desenvolveu no polideportivo do centro educativo do concello ancarés, onde se repartiron preto de 350 racións de carne, ten como obxectivo destacar a calidade do produto, o papel dos gandeiros e a importancia do sector primario na Montaña Lucense.