A Deputación presenta dez xovencas da Granxa Gayoso na poxa de Pedrafita do Cebreiro
O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, José María Arias, xunto ao Alcalde do municipio, José Luis Raposo, participou nesta cita que reuniu a numeroso público
O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, xunto ao Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo; o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Gallega (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades, participou na poxa de Xovencas de Raza Rubia celebrada este xoves no Recinto Feiral da localidade.
A Deputación de Lugo presentou dez exemplares procedentes da Granxa Gayoso Castro a este certame, no que participaron gandeiros e gandeiras de diferentes explotacións da provincia e doutros lugares limítrofes, como León ou Asturias.
O prezo medio dos animais foi de 2.758€ e o animal que obtivo o maior prezo foi vendido por 3.400€.