Entidade responsable:
Rol:
- Responsable do tratamento
Finalidades do tratamento:
- Xestión da rede de estradas provinciais.
- Conservación, mantemento, licencias e actividades a realizar nas mesmas.
- Xestión de comunicacións de deficiencias, informes de avaliación das estradas, declaración de innecesariedade, expedición de certificados, expropiacións e outros trámites administrativos relacionados a nivel urbanístico que afecte a vías de titularidade da Deputación.
- Xestión do outorgamento de autorizacións e concesións de licenzas.
- Xestión de pagos de ingresos urbanísticos, devolución de fianzas.
Base lexitimación:
- RXPD 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
- RXPD 6.1.e) Tratamento necesario para o cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos.
- Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
- Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
- Decreto Lexislativo 1/2010, do 3 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da lei de urbanismo.
- Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de estradas de Galicia.
Categorías de interesados:
- Solicitantes.
- Beneficiarios/as.
- Representantes legais ou voluntarios.
Categorías de datos:
- Datos de categorías xerais:
- Identificativos (DNI/Pasaporte/NIE, nome apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, sinatura manuscrita, sinatura electrónica, datos de representación);
- Características persoais (data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento);
- Circunstancias sociais (licenzas, permisos, autorizacións);
- Información comercial (actividades e negocios);
- Económicos, financeiros e de seguros (avais, datos bancarios, seguros e fianzas).
- Outros datos: Infraccións administrativas.
Destinatarios:
- Administracións públicas no exercicio das súas competencias.
- Órganos xudiciais.
Transferencias internacionais:
Prazo de supresión:
- Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos.
Medidas de seguridade:
- Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade.
Dereitos en protección de datos:
- Para solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais, no caso de que se dean os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pode dirixir un escrito ao responsable do tratamento, neste caso, a Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo, ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org).
Datos de contacto do DPD: