Entidade responsable:

  • Deputación de Lugo

Rol:

  • Responsable do tratamento

Finalidades do tratamento:

  • Xestión da rede de estradas provinciais.
  • Conservación, mantemento, licencias e actividades a realizar nas mesmas.
  • Xestión de comunicacións de deficiencias, informes de avaliación das estradas, declaración de innecesariedade, expedición de certificados, expropiacións e outros trámites administrativos relacionados a nivel urbanístico  que afecte a vías de titularidade da Deputación.
  • Xestión do outorgamento de autorizacións e concesións de licenzas.
  • Xestión de pagos de ingresos urbanísticos, devolución de fianzas.

Base lexitimación:

  • RXPD 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
  • RXPD 6.1.e) Tratamento necesario para o cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos.
  • Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
  • Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Decreto Lexislativo 1/2010, do 3 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da lei de urbanismo.
  • Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de estradas de Galicia.

Categorías de interesados:

  • Solicitantes.
  • Beneficiarios/as.
  • Representantes legais ou voluntarios.

Categorías de datos:

  • Datos de categorías xerais:
    • Identificativos (DNI/Pasaporte/NIE, nome apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, sinatura manuscrita, sinatura electrónica, datos de representación);
    • Características persoais (data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento);
    • Circunstancias sociais (licenzas, permisos, autorizacións); 
    • Información comercial (actividades e negocios);
    • Económicos, financeiros e de seguros (avais, datos bancarios, seguros e fianzas).
  • Outros datos: Infraccións administrativas.

Destinatarios:

  • Administracións públicas no exercicio das súas competencias.
  • Órganos xudiciais.

Transferencias internacionais:

  • Non están previstas.

Prazo de supresión:

  • Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos.

Medidas de seguridade:

  • Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade.

Dereitos en protección de datos:

  • Para solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais, no caso de que se dean os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pode dirixir un escrito ao responsable do tratamento, neste caso, a Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo, ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org).

Datos de contacto do DPD:

  • dpd@deputacionlugo.org