Entidade responsable:
Rol:
- Responsable do tratamento
Finalidades do tratamento:
- Xestión xeral de recursos humanos.
- Xestión dos datos do persoal, xestión e tramitación do expediente persoal, control horario e rexistro diario da xornada laboral. Organización funcional do persoal adscrito.
- Xestión de permisos e vacacións.
- Xestión da promoción profesional, desenvolvemento da carreira profesional, promoción interna e traslados.
- Xestión da retribución básica, complementos, pago de nóminas e indemnizacións correspondentes por razón do servizo.
- Xestión administrativa do fondo social.
- Xestión das funcións de representación do persoal, promoción de elección a delegados e xunta de persoal e procedemento electoral.
- Xestión das situacións de incompatibilidades, traslados, excedencias e suspensión de funcións. Tramitación de reclamacións, expedientes disciplinarios e recursos en materia de persoal.
- Xestión do plan de formación.
- Xestión da prevención de riscos laborais.
Base lexitimación:
- RXPD 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
- RXPD 6.1.b) Tratamento necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais.
Para o tratamento de datos especialmente protexidos:
- RXPD 9.2.b) Tratamento necesario para o cumprimento de obrigacións e o exercicio de dereitos específicos do responsable do tratamento ou do interesado no ámbito do Dereito laboral e da seguridade e protección social, na medida en que así o autorice o Dereito da Unión dos Estados membros ou un convenio colectivo con arranxo ao dereito dos Estados membros que estableza garantías adecuadas do respecto dos dereitos fundamentais e dos intereses do interesado.
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
- Lei Orgánica 3/2007,do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de homes e mulleres.
- Lei Orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical.
- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e bo goberno.
- Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego público de Galicia.
- Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia.
- Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
- Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais.
- Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba a Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
- Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
Categorías de interesados:
Categorías de datos:
- Datos de categoría especial:
- Afiliación sindical
- Datos relativos á saúde.
- Datos de categorías xerais:
- Identificativos (DNI,Pasaporte/NIE, nome, apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, sinatura manuscrita, sinatura electrónica, Nº SS/Mutualidade, número de rexistro persoal).
- Características Persoais (datos de estado civil, datos de familia, data de nacemento, lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade).
- Circunstancias sociais (licenzas, permisos, autorizacións).
- Académicos e profesionais (formación titulacións, experiencia profesional).
- Detalles de Emprego (profesión, posto de traballo, historial do traballador).
- Económicos, financeiros e de seguros (datos bancarios, datos económicos da nómina).
- Transaccións de bens e servizos (bens e servizos recibidos polo afectado).
- Outros datos:
- Datos de infraccións administrativas.
- Datos de control de presenza (data/hora entrada, data/hora saída, IP fichaxe, motivo de ausencia).
Destinatarios:
- Facenda Pública e Administración Tributaria.
- Instituto Nacional da Seguridade Social e Mutua colaboradora.
- Tesourería Xeral da Seguridade Social.
- Entidades aseguradoras e mutualidades.
- Entidades financeiras.
- Entidade colaboradora no servizo de prevención de riscos laborais.
- Representantes dos traballadores e organizacións sindicais.
- Administracións públicas no exercicio das súas competencias
Transferencias internacionais:
Prazo de supresión:
- Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos.
Medidas de seguridade:
- Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade.
Dereitos en protección de datos:
- Para solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais, no caso de que se dean os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pode dirixir un escrito ao responsable do tratamento, neste caso, a Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo, ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org).
Datos de contacto do DPD: