Entidade responsable:

  • Deputación de Lugo

Rol:

  • Responsable do tratamento

Finalidades do tratamento:

  • Xestión xeral de recursos humanos.
  • Xestión dos datos do persoal, xestión e tramitación do expediente persoal, control horario e rexistro diario da xornada laboral. Organización funcional do persoal adscrito.
  • Xestión de permisos e vacacións.
  • Xestión da promoción profesional, desenvolvemento da carreira profesional, promoción interna e traslados.
  • Xestión da retribución básica, complementos, pago de nóminas e indemnizacións correspondentes por razón do servizo.
  • Xestión administrativa do fondo social.
  • Xestión das funcións de representación do persoal, promoción de elección a delegados e xunta de persoal e procedemento electoral.
  • Xestión das situacións de incompatibilidades, traslados, excedencias e suspensión de funcións. Tramitación de reclamacións, expedientes disciplinarios e recursos en materia de persoal.
  • Xestión do plan de formación.
  • Xestión da prevención de riscos laborais.

Base lexitimación:

  • RXPD 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
  • RXPD 6.1.b) Tratamento necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais.

Para o tratamento de datos especialmente protexidos:

  • RXPD 9.2.b) Tratamento necesario para o cumprimento de obrigacións e o exercicio de dereitos específicos do responsable do tratamento ou do interesado no ámbito do Dereito laboral e da seguridade e protección social, na medida en que así o autorice o Dereito da Unión dos Estados membros ou un convenio colectivo con arranxo ao dereito dos Estados membros que estableza garantías adecuadas do respecto dos dereitos fundamentais e dos intereses do interesado.

 

  • Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
  • Lei Orgánica 3/2007,do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de homes e mulleres.
  • Lei Orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical.
  • Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e bo goberno.
  • Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego público de Galicia.
  • Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia.
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
  • Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais.
  • Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba a Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

Categorías de interesados:

  • Persoal.

Categorías de datos:

  • Datos de categoría especial:
    • Afiliación sindical
    • Datos relativos á saúde.
  • Datos de categorías xerais:
    • Identificativos (DNI,Pasaporte/NIE, nome, apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, sinatura manuscrita, sinatura electrónica, Nº SS/Mutualidade, número de rexistro persoal).
    • Características Persoais (datos de estado civil, datos de familia, data de nacemento, lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade).
    • Circunstancias sociais (licenzas, permisos, autorizacións).
    • Académicos e profesionais (formación titulacións, experiencia profesional).
    • Detalles de Emprego (profesión, posto de traballo, historial do traballador).
    • Económicos, financeiros e de seguros (datos bancarios, datos económicos da nómina).
    • Transaccións de bens e servizos (bens e servizos recibidos polo afectado).
  • Outros datos:
    • Datos de infraccións administrativas.
    • Datos de control de presenza (data/hora entrada, data/hora saída, IP fichaxe, motivo de ausencia).

Destinatarios:

  • Facenda Pública e Administración Tributaria.
  • Instituto Nacional da Seguridade Social e Mutua colaboradora.
  • Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Entidades aseguradoras e mutualidades.
  • Entidades financeiras.
  • Entidade colaboradora no servizo de prevención de riscos laborais.
  • Representantes dos traballadores e organizacións sindicais.
  • Administracións públicas no exercicio das súas competencias

Transferencias internacionais:

  • Non están previstas.

Prazo de supresión:

  • Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos.

Medidas de seguridade:

  • Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade.

Dereitos en protección de datos:

  • Para solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais, no caso de que se dean os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pode dirixir un escrito ao responsable do tratamento, neste caso, a Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo, ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org).

Datos de contacto do DPD:

  • dpd@deputacionlugo.org