Cultura
Deputación de Lugo

O Museo Provincial de Lugo reune nunha mostra un centenar de imaxes realizadas nos obradoiros de Fotografía a Cegas nos últimos 13 anos

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
IRIA CASTRO
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
Fotografía a cegas
inclusión

O Museo Provincial de Lugo reune nunha mostra un centenar de imaxes realizadas nos obradoiros de Fotografía a Cegas nos últimos 13 anos


Lugo, 4 de decembro de 2024.-  A deputada de Cultura  Iria Castro participou este mediodía na inauguración da mostra “Percorrendo Fotografía a Cegas”, que repasa a traxectoria deste proxecto artístico promovido pola Rede Museística Provincial para involucrar persoas con discapacidade visual nos procesos creativos da fotografía.

A mostra, instalada na Sala de Exposicións Temporais, recompila imaxes realizadas nos obradoiros que se realizaron ao longo dos últimos trece anos nos distintos museos provinciais coa participación de artistas de diferentes disciplinas como Germán Limeres, Xosé Reigosa, Sr. López, Iago Eireos, Eva Díaz, Ledicia Bellón, Carmen Porteiro, Ariel Rodriguez, Bárbara Faustino, Vane Ribas, Andrés Haensel. Iago de Sant, María Vázquez, Henrrique Lamas, Josetxu López, Mario Fernández, Mercedes Muñoz, Ringoxbg.

O proxecto, que naceu como unha iniciativa para adaptar postos de traballo para persoas cegas na Rede Museística Provincial, evolucionou ata converterse nunha proposta artística inclusiva e interdisciplinar, mostrando que as limitacións visuais non son un impedimento para a creación artística.

A deputada Iria Castro destacou na inauguración “a apertura dos museos provinciais a todas as persoas, que se reflicte na programación de actividades que se realiza ao longo do ano, e que se visibiliza especialmente con proxectos como Fotografía a Cegas que se mostrou en espazos positivos e encontros de museoloxía de todo o Estado como modelo de inclusión e accesibilidade”.

A inauguración, na que se proxectou un vídeo sobre o proxecto, contou coa participación de alumnado do Colexio Fingoi, que se interesou especialmente pola cotidianidade das persoas con discapacidade visual que participaron nos obradoiros artísticos, entre elas, persoal dos museos.