Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo atende un cento de incidencias este mércores polo temporal de chuvia e vento

temporal
estradas
Incidencias na LU-P-2216

A Deputación de Lugo atendeu nas últimas horas un cento de incidencias nas estradas provinciais polas intensas precipitacións e fortes rachas de vento que afectan ao conxunto da provincia de Lugo. 

A institución provincial mantén abertas todas as vías ao tráfico e traballa de maneira puntual en cada unha das alertas que vai detectando ao longo da xeografía da provincia. Os principais danos pasan pola caída de árbores e pólas, desprendementos de terra e bolsas de auga.