Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación e o CB Breogán darán visibilidade ao labor de Afalu no derbi ante o Basquet Coruña

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
CB Breogán
afalu


As redes sociais e os espazos promocionais do Pazo difundirán os recursos e servizos de apoio ás persoas con alzheimer e as súas famias cos que conta a entidade

O CB Breogán dedicará o partido deste domingo no Pazo ante o Coruña Basquet a visibilizar a labor da Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo – AFALU.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o director xeral do CB Breogán Salva Arco e a vicepresidenta de Afalu Iria Franco presentaron esta mañá a iniciativa, que se desenvolverá no marco do contrato de patrocinio entre a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o club celeste.

O CB Breogán dará difusión nas súas redes sociais e nos espazos promocionais do Pazo dos Deportes á rede de recursos e servizos que Afalu dispón para acompañamento e apoio ás persoas que padecen estas doenzas e ás familias.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o director xeral do CB Breogán Salva Arco valoraron o labor de Afalu e mostraron a súa satisfacción pola repercusión que estes espazos de visibilidade e difusión teñen para a entidade lucense. Nese sentido, sinlaron que a importancia deportiva e a expectación que está xenerando este primeiro derbi entre Breogán e Basquet Coruña permitirán chegar a máis persoas.

A vicepresidenta de Afalu Iria Franco fixo un chamamento a recurrir á asociación que, explicou, conta cun equipo especializado e multidisciplinar co que podemos apoiar tanto as persoas enfermas como as súas familias nas diferentes etapas da enfermidade. Tamén destacou a importancia da actividade física e do deporte para previr e retrasar os síntomas destas enfermidades.

A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a centros educativos ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.