Deputación de Lugo

O alumnado do IES Perdouro de Burela coñece a Produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación

Servizo de Audiovisuais
Visita produtora IES Perdouro

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este mércores a un grupo de alumnos e alumnas do IES Perdouro, de Burela, que coñeceu a Produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo. Os preto de 50 estudantes fixeron unha visita polos distintos departamentos na que puideron descubrir o traballo que se desenvolve dende o arquivo, a redacción, a sala de cámaras as mesas de realización ou os platós. Rivera Capón deu a benvida aos participantes e destacou que “agardo que desfrutedes desta visita didáctica na que coñeceredes de forma lúdica, práctica e divertida os labores que se realizan en cada un dos espazos da produtora”.