Deputación de Lugo

A Deputación reivindica a loita pola igualdade laboral na presentación dun libro con motivo do Día Mundial da Muller Traballadora

UXT
Lugo
DIA MUNDIAL
muller

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na sede de UXT en Lugo na presentación do libro En la brecha del sexo: por un trabajo de igual valor, no marco do Día Mundial da Muller Traballadora. O Deputado felicitou ao autor da publicación, o Doutor en Relacións Laborais, Javier Carballo, que estivo presente no acto e destacou o valor desta obra no actual contexto social e laboral “que aborda a importancia de continuar loitando pola igualdade de xénero no ámbito laboral e reitera o compromiso das institucións e dos sindicatos na consecución dunha sociedade máis xusta e igualitaria”.

A publicación, editada por UXT en colaboración coa Fundación Luís Tilve, conta cun prólogo da exministra Carmen Calvo e ofrece unha profunda análise da desigualdade salarial entre homes e mulleres, achegando propostas de medidas e accións que poden axudar a combater esta diverxencia.

Na presentación tamén estiveron presentes o Secretario Xeral da Unión Comarcal UGT-Lugo, Ángel Tomé Roca, e a Secretaria de Política Económica da Unión Comarcal UGT-Lugo, Emma López Araújo.