A Deputación despide á Alcaldesa Paula Alvarellos na misa oficiada polo Bispado na Catedral de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado por deputados e deputadas da Corporación provincial participaron este luns na misa oficiada polo Bispado de Lugo na Catedral con motivo do pasamento da Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos. Ao funeral institucional asistiron ademais autoridades municipais e autonómicas de diferentes ámbitos.
Xunto a Tomé Roca, asistiron ao acto relixioso a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; o Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López; o Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío; e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento e Alcaldable de Lugo, Miguel Fernández Méndez.
No acto relixioso participaron ademais o Delegado do Goberno, Pedro Blanco; o Vicerreitor da USC, Francisco Fraga; representantes do Eixo Atlántico; e tamén dos concellos lucenses de Viveiro, Vilalba, Taboada, Sober, Monforte de Lemos, Begonte ou Chantada; tamén da Coruña, Betanzos e Culleredo; membros da Policía Nacional e do Exército.